Volve conseguilo o Arxil no CGTD ante un dos complicados, o Lima-Horta (73-62)

Pontevedra
02 de marzo 2019

Aínda que as de Mayte Méndez continúan na cuarta posición pola cola, a serie de bos resultados impúlsanas a, aos pucos, gañar distancia da zona de perigo

Arxil - Lima-Horta
Arxil - Lima-Horta / Diego Torrado

Volveuno a facer o Arxil. Tras a importante vitoria da pasada semana ante o Barça CBS, as pontevedresas saíron ilesas e con dous puntos máis dun partido ante outro dos equipos complicados da categoría: o tamén catalán Lima-Horta. Aínda que non foron as líderes dos catro parciais, conseguiron manterse por diante durante todos os minutos de xogo e facerse co marcador do CGTD.

A primeira parte foi enteiramente para as locais. Despois dun cuarto inicial algo bastante equilibrado de 15-13, as de Mayte Méndez impuxéronse ás visitantes no seguintes dez minutos. Apoiadas, unha xornada máis, na pivote Gala Mestres (25 puntos) e aproveitando multitude de erros cometidos polas catalás, conseguiron marcharse ao descanso cun esperanzador 45-25 no electrónico (ao lograr un esmagador parcial de 30-12). 

Tras o paso polos vestiarios a dinámica foi algo distinta. Con todo, aínda recortando distancias as do Lima- Horta durante os 20 minutos restantes, as arxilistas non baixaron os brazos e deixaron claro que non ían regalar nada. Así, mantiveron a renda ao seu favor e finalizaron o choque cun 73-62, obrigando ás barcelonesas a abandonar Pontevedra coas mans baleiras.

A próxima semana viaxarán para enfrontarse ao Baloncesto Avilés, equipo asturiano ancorado á zona baixa da táboa, nun choque directo.

Consulta a acta do Lima Horta Barcelona-Arxil.