Waleska Pérez e Minata Keita levan o Arxil en Barcelona á súa segunda vitoria ligueira (68-75)

Pontevedra
17 de outubro 2016

O Arxil conseguiu o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ao impoñerse na cancha do Joventut Les Corts barcelonés. Waleska e Keita sumaron entre as dúas 65 puntos de valoración

Waleska Pérez no partido de Copa Galicia entre Arxil e Celta
Waleska Pérez no partido de Copa Galicia entre Arxil e Celta / Diego Torrado

En Barcelona chegou o primeiro triunfo a domicilio da tempada do Arxil, segunda vitoria na súa conta particular, despois de impoñerse na cancha do Joventut Les Corts (68-75).

Waleska Pérez e Minata Keita levaron o mando da nave pontevedresa, sumando entre as dúas 65 puntos de valoración. 

Despois dun primeiro cuarto complicado polo empuxe local (21-18), o Arxil soubo esperar o seu momento para chegar con vantaxe ao descanso (32-34) e pegar o estirón no terceiro parcial (48-58), grazas sobre todo ao acerto anotador da súa xogadoras franquía. Waleska sumou 24 puntos e Keita 19, escoltadas ambas por Ana Román con 17 puntos.

Xa no cuarto definitivo o Joventut tentou meterse de novo no partido, pero as verdes controlaron ben o tempo do partido para asegurar o triunfo.

Consulta aquí as estatísticas do encontro.