O Waterpolo Pontevedra asina unha gran actuación e leva os tres puntos ante o CN Vallirana

Pontevedra
15 de decembro 2024
Actualizado: 21:53

Esta vitoria permite ao conxunto pontevedrés escalar un posto na clasificación, situándose quinto e empatado a puntos co cuarto clasificado, que dá acceso á fase de ascenso

Partido entre o Waterpolo Pontevedra e o CN Vallirana en Rías do Sur
Partido entre o Waterpolo Pontevedra e o CN Vallirana en Rías do Sur / Cristina Saiz

O Club Waterpolo Pontevedra continúa en serie positiva e en boa progresión tras a disputa da oitava xornada da Primeira División Nacional Feminina.

As pontevedresas recibiron no Complexo Deportivo Rías do Sur ao CN Vallirana, equipo que se impuxo na primeira xornada de liga e que recibiu o desquite en terras galegas.

A pesar dun inicio igualado, onde as catalás levaron o primeiro parcial, o equipo local reaxustou a súa defensa para dar a volta ao partido tras o descanso.

Foi de feito tras o paso polos vestiarios cando a superioridade do Waterpolo Pontevedra foi evidente, chegando a porse con até 8 goles de vantaxe para finalmente facerse co triunfo por 15-8.

Esta vitoria non só supón tres puntos importantes para o equipo, senón que tamén lle permite escalar un posto na clasificación, situándose quinto e empatado a puntos co cuarto clasificado, que dá acceso á fase de ascenso.

Consulta as estatísticas neste enlace