O Waterpolo Pontevedra mediuse nesta xornada 17 de Primeira División Feminina a un rival directo na loita polo ascenso, o CN Barcelona. Ademáis, o club lerezano tivo que buscar una porteira de urxencia esta mesma semana xa que a habitual, Lola Muñoz, foi operada de apendicite. A substituta é Catalina Peña, que chegou ao equipo este venres e debutou neste partido.
As pontevedresas, que visitaron a piscina do club decano coa oportunidade de axitar por completo a parte alta da táboa, non puideron cun conxunto catalán que se impuxo por 18-10 grazas a un mal último cuarto do conxunto lerezano.
Arrincou mal o encontro para o equipo de Arthur Neves, que sufriu un parcial de 3-0 en tres minutos con dous goles de Clara Rodríguez e un de Mireia. Os goles de Andrea e Alba para o conxunto pontevedrés trataron de recortar a distancia no marcador e o primeiro tempo terminou con 4-2 para os locais.
O segundo tempo mostrou a faceta máis defensiva de ambos os equipos con máis expulsións (4) que goles (3). De todos os xeitos, o CW Pontevedra non logrou recortar distancias e marchou ao descanso 6-3 abaixo.
No terceiro tempo abriuse un indicio de esperanza ante unha posible remontada. Os primeiros minutos transcorreron cun intercambio de golpes que deixou ao cadro pontevedrés 7-6 no marcador ao termo do primeiros tres minutos. Mireia para o cadro catalán e Irene para as galegas mantiveron un intercambio de goles que puxo o partido 9-8 no minuto 5.
Malia as boas sensacións, o CN Barcelona logrou irse con dous tantos de vantaxe (11-9) tras un terceiro cuarto que deu vida ao equipo de Arthur Neves.
A dinámica ascendente do equipo da Boa Vila freou en secou no último e decisivo cuarto no que a experiencia do conxunto barcelonés foi devisiva para desnivelar o partido. Xenia e Uma deixaron unha pincelada do que se aveciñaba con dous goles para os locais no primeiro minuto e medio e o banco do Pontevedra solicitou tempo morto.
A pausa non produciu efecto, pois Xenia e Julia ampliaron o parcial a 4-0 ao termo do primeiros catro minutos de xogo. Anna Beatriz tratou de frear esta dinámica, pero o resultado xa era de 15-10 a falta catro minutos para o final.
Co encontro sentenciadeo se deixou ir o CW Pontevedra e as catalás ampliaron a súa vantaxe ata selar o encontro con o definitvo 18-10.
Esta derrota deixa o conxunto pontevedrés terceiro. A próxima xornada terán a oportunidade de redimirse en casa fronte outro rival directo na clasificación, o CN Rubí.