World Aquatics confirma a Pontevedra como cuarta parada da Copa do Mundo de Natación Artística en 2026

Pontevedra
16 de outubro 2025
Actualizado: 14:43

A Federación Internacional pon data ao evento que acollerá o Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontevedra, nun calendario no que figuran cidades como Medellín, París, Xian e Toronto

Exhibición da Selección Española Absoluta de Natación Artística en Rías do Sur
Exhibición da Selección Española Absoluta de Natación Artística en Rías do Sur / Cristina Saiz

A Federación Internacional de Natación, World Aquatics, confirmou e posto data á Copa do Mundo de Natación Artística que se celebrará o próximo ano 2026 por primeira vez en Pontevedra.

O acordo alcanzado pola Boa Vila, tal e como xa avanzou no seu momento o alcalde de Pontevedra, é para os próximos tres anos.

Nesta ocasión o organismo internacional vén de publicar o calendario completo da Copa do Mundo de 2026, que fará parada en catro continentes.

De feito Pontevedra será a cuarta cita ctras Medellín (Colombia), París (Francia) e Xi'an (China) e antes da Superfinal que se celebrará en Toronto (Canadá).

No que respecta á Boa Vila, a Copa do Mundo de Natación Artística celebrarase entre o 29 e o 31 de maio no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños.

Será un evento moi especial para a Selección Española, un dos equipos sen dúbida a seguir tras as súas últimas grandes actuacións a nivel internacional.

De feito, as catro veces campioa do Mundo, Iris Tió, recoñeceu en declaracións a World Aquatics que "cada vez que actuamos na casa sentimos o apoio incrible da xente. O ambiente é único, e poder vivilo de novo en Pontevedra será moi especial".

A de 2026 será a décima edición que se celebre a Copa do Mundo de Natación Artística, e a oitava vez que conte cun evento dentro de territorio español.