Non foi, nin de lonxe, o mellor partido do Cisne. Tampouco lle facía falta. A diferenza de nivel co Lavadores é tanta que xogando a medio gas os pontevedreses se anotaron unha nova vitoria, permitíndose o luxo de facelo sen a intensidade que adoitan poñer nas súas accións.
Os de Edín Covelo estiveron moi lonxe do seu nivel habitual, especialmente en defensa e portaría, o que aproveitou o conxunto visitante para reducir danos e marchar cunha desvantaxe no marcador que puido ser enorme se os locais impuxesen o ritmo que adoitan marcar nos seus partidos.
A facilidade coa que lograba anotar fixo que o Cisne descoidase o seu defensa, pero sempre sen pasar apuros. Os sete goles de vantaxe ao descanso creceron na segunda parte ata alcanzar unha máxima diferenza de 13. Aí o Cisne dixo basta e o Lavadores aproveitouse para reducir lixeiramente nos minutos finais.
BM CISNE (39): Pablo Galán, Toño Lafuente, Santiago Cuenca; Iván Abilleira (1), Pepe Camiña (5), Álex Chan (4), Edu Covelo (5), Rafa Dasilva (1), Pablo Picallo (2), Pablo Rey (3), Carlos Rodríguez (3), Andrés Sánchez (9), Miguel Simón (2) e Javi Vázquez (4).
LAS CINCO JOTAS LAVADORES (29): Diego García; Pablo Barros (4), Daniel Fernández, Fernando Fernández (6), Forero, Iván García (4), Pablo Gayoso (5), Groba, Pablo León (1), Lomba, Miro (5), Seoane (4), Raúl Pérez e Suárez.
Árbitros: Fernando López Fernández e David Aja García (Cantabria). Excluíron por dous minutos a Iván Abilleira, Álex Chan, Carlos Rodríguez (2) e Miguel Simón, polo Cisne, e a Pablo Barros (2), Fernando Fernández, Forero e Lomba, polo Lavadores.
Marcador (cada cinco minutos): 3-4, 6-4, 9-5, 13-7, 16-11, 20-13 (descanso), 23-15, 27-18, 31-19, 34-22, 38-25 e 39-29 (final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). Uns 100 espectadores.