Preto de tres horas de atletismo deslucidas pola choiva pero cun grande ambiente de competición.
Así foi o tradicional Trofeo Sociedad Gimnástica celebrado este mércores na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnifiación Deportiva de Pontevedra.
A cita contou con 225 atletas inscritos nas diferentes categorías, con 28 clubs representados, aínda que a participación maioritaria foi a do anfitrión, con case un cento de deportistas.
Todos eles buscaron mellorar os seus rexistros persoais, co obxectivo en moitos casos de lograr a mínima para os campionatos de Galicia individuais e para os campionatos de España.