Xornada atlética pasada por auga no Trofeo Sociedad Gimnástica

Pontevedra
12 de maio 2016

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolleu a tradicional competición que organiza a Gimnástica con 225 atletas inscritos de 28 clubs galegos. A choiva desluciu unha xornada que se prolongou durante case tres horas

Trofeo Sociedad Gimnástica 2016 Mónica Patxot

Preto de tres horas de atletismo deslucidas pola choiva pero cun grande ambiente de competición.

Así foi o tradicional Trofeo Sociedad Gimnástica celebrado este mércores na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnifiación Deportiva de Pontevedra.

A cita contou con 225 atletas inscritos nas diferentes categorías, con 28 clubs representados, aínda que a participación maioritaria foi a do anfitrión, con case un cento de deportistas.

Todos eles buscaron mellorar os seus rexistros persoais, co obxectivo en moitos casos de lograr a mínima para os campionatos de Galicia individuais e para os campionatos de España.