Xornada de atletismo pasada por auga no CGTD

Pontevedra
09 de xuño 2018

O mal tempo desluciu a xornada de festa atlética no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, con máis de 700 deportistas en competición nos Campionatos Galegos Sub-10, Sub-12 e Sub-14

Campionatos Galegos de Atletismo Sub-10, Sub-12 e Sub-14 no CGTD
Campionatos Galegos de Atletismo Sub-10, Sub-12 e Sub-14 no CGTD / Diego Torrado

O mal tempo desluciu a xornada deportiva prevista para este sábado 9 de xuño nas pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

Desluciuna pero non impediu que centos de atletas gozasen da competición nos Campionatos Galegos Sub-10, Sub-12 e Sub-14.

As bancadas enchéronse desde primeira hora da mañá para ver en acción aos 735 nenos e nenas que desafiaron á choiva para gozar do atletismo e de paso pelexar por converterse en campións autonómicos.

A xornada estaba organizada pola Federación Galega de Atletismo en colaboración da Sociedad Gimnástica.