Xornada de cros escolar para os colexios de Marín

Marín
14 de novembro 2018

Máis de 800 alumnas e alumnos dos colexios da Laxe, Seixo, Carballal, Sequelo, San Narciso, Inmaculada e Praceres participaron na xornada de cros escolar organizada este mércores pola Delegación Provincial de Deportes da Xunta de Galicia

Xornada de cros escolar en Marín
Xornada de cros escolar en Marín

Máis de 800 alumnas e alumnos de Marín participaron na xornada de cros escolar organizada este mércores pola Delegación Provincial de Deportes da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello de Marín.

O bo tempo permitiu unha divertida xornada ao redor do deporte para os escolares dos colexios da Laxe, Seixo, Carballal, Sequelo, San Narciso, Inmaculada e Praceres, na que o resultado era o de menos.

Esta cifra supón dobrar a participación do pasado ano, cando as carreiras escolares celebráronse no Lago de Castiñeiras.

Nesta ocasión o circuíto habilitouse na Urbanización Virxe do Carmen de Marín, entre o Pavillón do Sequelo e o Centro de Saúde.

A organización técnica da xornada correu a cargo da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e o Club San Miguel de Marín.