Xornada de portas abertas ante o Ártabro para empurrar o Cisne á fase de ascenso

Pontevedra
16 de abril 2015

O Club Cisne Balonmán busca este sábado (CGTD ás 17:30 horas) asegurar de xeito matemático a súa presenza na fase de ascenso á División de Honra Prata

Partido entre BM Cisne e BM Chapela no CGTD
Partido entre BM Cisne e BM Chapela no CGTD / Diego Torrado

Despois dunha tempada na que raiou a perfección, con 25 triunfos nas 27 xornadas disputadas, o Club Cisne Balonmán busca este sábado asegurar de xeito matemático a súa presenza na fase de ascenso á División de Honra Prata.

Para lograr o obxectivo de ser campión de grupo o club pontevedrés necesita polo menos un empate na visita ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva (sábado ás 17:30 horas) do Ártabro Novo Mesoiro, equipo inmerso na loita pola permanencia.

A directiva cineísta, en prol de crear un bo ambiente que pulo ao equipo cara á fase de ascenso, decidiu fixar o partido de portas abertas.

Trátase de "agradecer a fidelidade da afección que soubo estar tamén co equipo nos momentos duros e complicados, polo que se gañamos o sábado, nos gustaría dedicarlles o título", explicou Santiago Picallo, presidente do club.

O Cisne aspira ademais a organizar a fase de ascenso en Pontevedra, polo que mostrou o seu interese á Federación Española de Balonmán, que debe decidir a sede nas próximas semanas.