Xornada de recepcións municipais a deportistas da Boa Vila

Pontevedra
25 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Ata cinco recepcións a deportistas da cidade programou para este luns o Concello de Pontevedra co obxectivo de felicitar os éxitos conseguidos recentemente en deportes como a natación artística, tiro olímpico, taekwondo, tiro con arco e loita olímpica

Recepción municipal a Alberto Sobrado e María Otero, deportistas do Club Boa Vila
Recepción municipal a Alberto Sobrado e María Otero, deportistas do Club Boa Vila / Concello de Pontevedra

A deste luns 25 de marzo foi unha xornada moi deportiva no Concello de Pontevedra, onde se programaron ata cinco recepcións municipais a deportistas da Boa Vila para felicitarlles polos seus recentes éxitos.

Recibidos polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, estrearon a xornada Daniela Suárez e Juan David Hernández, do Club Galaico Sincro, tras as súas recentes e históricas medallas no Campionato de España de Inverno de Natación Artística.

Despois foi a quenda da taekwondista Sara Cortegoso, o Mace Sport, medalla de bronce fai pousos días no Open de Bélxica.

Tras ela Lores recibiu á moza Nadia Zholtikova, deportista de orixe ucraína afincada en Pontevedra e que vén de proclamarse campioa de España Sub-15 e Sub17 de loita na súa modalidade olímpica.

Os Xogos de París, neste caso Paralímpicos, tiveron tamén protagonismo da man do tirador Juan Antonio Saavedra, gañador dunha medalla de ouro na Copa do Mundo de Nova Deli e que aspira no verán a lograr a súa terceira medalla paralímpica en París 2024.

Por último o alcalde recibiu tamén a Alberto Sobrado e María Otero, deportistas do Club Boa Vila que se proclamaron recentemente campións de España de tiro con arco.