Xornada deportiva e solidaria coa XXIV Milla Vila de Sanxenxo

Sanxenxo
01 de setembro 2024

Desde a organización destacan o bo ambiente e a participación, tanto de deportistas como de público, xa que foron os dous factores craves na xornada. Nesta edición, o cambio de percorrido e de saída favoreceu a que a proba tivese maior vistosidade

 

XXIV Milla Vila de Sanxenxo Concello de Sanxenxo

A Milla Vila de Sanxenxo arrincou este domingo por primeira vez desde a Praza dos Barcos, desde onde un total 350 persoas rexistradas tomaron a saída para percorrer desde 400 a 1609 metros do Paseo de Silgar.

Desde a organización destacan o bo ambiente e a participación, tanto de deportistas como de público, xa que foron os dous factores craves na xornada. Nesta edición, o cambio de percorrido e de saída favoreceu a que a proba tivese maior vistosidade.

Ademais, para profundar no carácter lúdico-deportivo, a organización eliminou a categoría elite, repartiu trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría e entregou unha medalla e unha camiseta conmemorativa da cita a todos os participantes.

O diñeiro recadado nesta XXIV Milla Vila de Sanxenxo será destinado á Asociación Neen@s Sanxenxo que presta atención a familias con nenos que teñen necesidades especiais de apoio educativo.

Consulta nesta ligazón as clasificacións