Xornada maratoniana de waterpolo no CGTD

Pontevedra
10 de xuño 2015

A piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acollerá este sábado 13 de xuño, en sesión intensiva de mañá e tarde, o Campionato Galego Infantil e o I Torneo Galego Alevín Feminino

Presentación do Campionato Galego Infantil de Waterpolo no CGTD
Presentación do Campionato Galego Infantil de Waterpolo no CGTD / PontevedraViva

O próximo sábado 13 de xuño a piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra convertirase por un día no centro do waterpolo galego.

Nunha xornada intensa de competición, en sesión dobre de mañá e tarde, celebraranse no CGTD o Campionato Galego Infantil e o I Torneo Alevín Feminino, ambos os dous baixo a organziación do Club Wáter-Polo Galaico Pontevedra e a Federación Galega de Natación.

En canto á competición infantil, a cidade de Lérez repite como sede do autonómico reunindo seis equipos: Galaico, CW Santiago, Asociación Coruñesa de Waterpolo, CN Coruña e dous equipos do RCN Vigo.

Este campionato disputarase en sistema de copa dende os cuartos de final, co seu primeiro partido ás 9:45 horas e a entrega de trofeos ás 20:45 horas.

Ademais, coa intención de promover o waterpolo infantil, este ano organízase tamén o Torneo Galego Alevín Feminino, no que participarán o Waterpolo Galaico e un equipo formado por xogadoras de RCN Vigo, Santiago e CN Coruña. O encontro xogarase ás 18:40 horas nun formato con seis partes de tres minutos cada unha.