Yago Iglesias, tras o triunfo no Luis Otero: "O equipo progresa adecuadamente"

Pontevedra
17 de agosto 2024

O adestrador do Pontevedra Club de Fútbol mostrouse satisfeito co rendemento do seu equipo a dúas semanas do inicio da liga, especialmente por non ter encaizado fronte a un equipo de superior categoría como o Lugo

Yago Iglesias, durante o Trofeo Luis Otero entre Pontevedra CF e CD Lugo
Yago Iglesias, durante o Trofeo Luis Otero entre Pontevedra CF e CD Lugo / Cristina Saiz

O adestrador do Pontevedra Club de Fútbol, Yago Iglesias, mostrouse satisfeito co rendemento do seu equipo a dúas semanas do inicio da liga, tras o triunfo en Trofeo Luis Otero fronte ao CD Lugo.

"As sensacións foron moi boas, a verdade é que o partido estivo ao nivel que esperabamos. Estamos contentos sobre todo coa imaxe do equipo, que tanto os que continúan, como os novos e os mozos da canteira están a entender moi ben o que queremos e iso transmítese no campo", afirmou o técnico.

Especialmente importante para o preparador granate foi o non encaixar gol e recibir pouco perigo dun equipo de superior categoría, e é que "o que queremos este ano é dar un paso adiante niso, ser un equipo máis agresivo, que sexa capaz de estar 90 minuto apertando en campo contario e o maior tempo posible lonxe da nosa portería, e así foi o partido", explicou Yago.

"O equipo progresa adecuadamete, creo que o equipo teñen unha identidade marcada do ano pasado e os novos están a adaptarse á perfección", reiterou.

Por último o adestrador granate, a preguntas dos xornalistas, referiuse ás fichaxes que, a priori, aínda debe realizar o Pontevedra para completar o plantel, xa que "a realidade é que hai algún posto a que non temos dobrado, que só temos un xogador. Quedando tempo para que empece a competición e tendo fichas sub 23 sempre estamos abertos ao que poida aparecer", recoñeceu Yago Iglesias.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora