O adestrador do Pontevedra Club de Fútbol, Yago Iglesias, deulle especial importancia ao punto conseguido polo seu equipo na casa do Langreo este domingo ao tratarse dun rival de especial dificultade que aínda non perdeu no seu campo.
Consciente de que "unha parte foi para cada equipo", o técnico admite que "tentamos, na medida do posible, facer a nosa idea e tentar impoñernos en base á circulación de balón, pero foinos complicado nos primeiros minutos",
"O Langreo estivo moi ben plantado na primeira parte, en dous tres perdas que tivemos xerounos dúas ocasións", recoñeceu. En todo caso, despois do descanso "axustamos e o equipo estivo máis enteiro, máis cómodo e con máis posesión, xerando tanto por dentro como por fóra", pero, nos momentos decisivos, o Pontevedra non estivo acertado, especialmente "no último pase e na finalización e iso", para Yago Iglesias, "marca a diferenza".