Yohana Jiménez, campioa de España júnior de boxeo

Marín
15 de novembro 2021

A púxil do Team Thunder marinense logrou na localidade cántabra de Santoña o título nacional na súa categoría vencendo á canaria Katherina Hernández

Yohana Jiménez, tras proclamarse en Santoña campioa de España júnior de boxeo
Yohana Jiménez, tras proclamarse en Santoña campioa de España júnior de boxeo

O boxeo de Marín está de parabén grazas a unha das representantes do Team Thunder, Yohana Jiménez.

A púxil marinense conseguiu todo un fito a fin de semana na localidade cántabra de Santoña, ao proclamarse campioa de España júnior na categoría de -75 quilos.

Jiménez, que nos campionatos de base e adestramentos dera mostras do seu potencial, confirmouno defendendo á Selección Galega no campionato nacional.

Na final da súa categoría superou á canaria Katherina Hernández en base a un gran dominio da distancia e a uns contraataques que deixaron sen resposta á súa rival e obrigaron ao xuíz para parar o combate dando como gañadora a Yohana.

Desde o Team Thunder móstranse satisfeitos polo logro da súa deportista, cun combate que foi seguido por moitos dos seus compañeiros desde a Cafetería Nao de Marín.