Zulú regresa ante o Orvina á convocatoria dun Poio FS que pretende asegurar a permanencia

Poio
24 de abril 2015

A xogadora portuguesa, que se perdeu toda a tempada por unha grave lesión de xeonllo, podería dispoñer dos seus primeiros minutos oficiais co club vermello. Silvia Aguete, convocada de novo pola Selección Española

Gonzalo Iglesias 'Morenín' durante o partido entre Poio FS e Viaxes Amarelle
Gonzalo Iglesias 'Morenín' durante o partido entre Poio FS e Viaxes Amarelle / Diego Torrado

A un paso de asegurar a permanencia na máxima categoría está o Poio Fútbol Sala. Ese é o obxectivo das vermellas este sábado (18:30 horas) na visita ao Pavillón da Seca do Orvina navarro.

Un triunfo certificaría o obxectivo, ao ter 14 puntos de renda co descenso cando quedan 15 en xogo.

A novidade na lista de Morenín é a inclusión na convocatoria de Zulú, por primeira vez en liga en toda a tempada, tras recibir a alta médica unha vez superada a grave lesión de xeonllo que a afastou das canchas durante oito meses.

A lista complétana Silvia, Paloma, Charo, Jenny, Elena, Claudia, Yoli, Tania, Souza e Nerea Moldes.

SILVIA AGUETE CONVOCADA POLA SELECCIÿN ESPAÿOLA

Por outra parte a gardameta do conxunto rojillo, Silvia Aguete, foi incluído de novo nunha convocatoria da Selección Española.

José Venancio conta coa pontevedresa para a disputa do Torneo Internacional de Moscú que comeza o próximo 6 de maio. Non a acompaña nesta ocasión a marinense Cecilia Puga, que se convertera no último ano nunha futbolista fixa nos plans do seleccionador.