Do gris ao violeta #14: Familia Dios Vázquez

Radio
28 de outubro 2016
Actualizado: 27 de novembro 2024

Familia Dios Vázquez.

Do gris ao violeta #14: Familia Dios Vázquez /
Do gris ao violeta #14: Familia Dios Vázquez
Do gris ao violeta #14: Familia Dios Vázquez

A familia Dios Vázquez vivía vencellada á fábrica "Ferreiro do Pino". Antonio e Josefa tiveron once fillos. Todos eles, chegado o 36 sufriron a represión. Asasinado Edelmiro por ser dirixente do partido socialista; encarcerado o pai, Antonio; tamén encarceradas, rapadas e apartadas da docencia Esclavitud e Fina; algún irmán houbo de ocultarse igualmente; foron multados economicamente e a empresa intervida. Unha das netas de Antonio e Josefa, Mena Rey Dios (filla de Fina) recupera para Do Gris ao Violeta, esa memoria familiar.