ACOLÁ é algo máis que unha marca, como vocábulo é unha expresión galega que che remite un pouco máis aló do punto afastado ao que te queiras referir; e, como filosofía de empresa, desde o ano 2017, é o noso compromiso por ir un pouquiño máis aló que os demais, en prestacións, calidade de servizo e empatía para cos nosos hóspedes.
Para iso, temos tres instalacións moi próximas que se complementan e procuran adaptarse ás demandas dos nosos clientes: Hostel ACOLÁ, Hostel ACOLÁ SPORT e Hostal ACOLÁ ROOMS.
ACOLÁ HOSTEL
Hostel con encanto en pleno centro histórico de Pontevedra.
Un espazo deseñado con todo o agarimo e todo o coidado para que poidas descansar no mellor dos ambientes.
En Arcebispo Malvar número 15 de Pontevedra, o primeiro das instalacións ACOLÁ. Xorde como un concepto de albergue para peregrinos, onde as instalacións compartidas están pensadas para sentir recollemento e intimidade tanto se viaxas só como acompañado. A nosa maior preocupación é o teu confort e a desinfección das instalacións.
Situado xusto enfronte da fachada principal da Basílica de Santa María a Maior, onde podes gozar nun ambiente tranquilo de 16 habitáculos (camas) con cortina en habitación compartida, distribuídas en dúas zonas de 4 liteiras cada unha, deseñadas en madeira de chapa mariña con luz individual, peto, despacho de billetes, enchufe e cargador usb.
A súa localización inmellorable, ás portas do centro histórico da cidade, a 100 metros de edificio nobre do Concello, e a un paso das frechas que marcan o Camiño de Santiago, converten esta instalación en única para coñecer a cidade, gozar da súa gastronomía e socializar con aqueles peregrinos e turistas que gozan do corazón das vilas por onde pasan.
ACOLÁ SPORT
ACOLÁ crece cun concepto máis deportivo e funcional.
Xorde como unha pequena ampliación de ACOLÁ HOSTEL. O mesmo concepto de instalacións compartidas, perfectas para pequenos grupos de amigos ou peregrinos que queiran viaxar de forma económica mantendo o grupo burbulla.
Tamén na rúa Arcebispo Malvar número 15 de Pontevedra, situado ás portas do centro histórico da cidade, enfronte da antiga muralla e a escasos 25 metros da fachada principal da Basílica de Santa María a Maior.
Aquí os ciclistas que fan a súa ruta a Santiago de Compostela, os pequenos grupos que valoran e buscan instalacións cómodas onde poidan estar sós e gozar das súas horas de convivencia, atopan en ACOLÁ SPORT ata 16 camas en liteiras, distribuídas en dúas zonas de 4 liteiras cada unha, que inclúen todos os servizos de luz individual, peto, enchufe, cargador usb e cortina que garante a privacidade cando o hóspede a necesita.
ACOLÁ ROOMS
Hostal con encanto a 50 metros da Praza de España.
O grupo ACOLÁ sobe un chanzo no aloxamento para peregrinos. Se queres preservar a intimidade na túa viaxe en parella, con amigos ou con nenos, o ideal é elixir entre habitación matrimonial, twin, ou familiar, todas con baño incorporado. Ademais, do mesmo xeito que nas instalacións compartidas, na zona común dispoñemos de cociña equipada con neveira, cafeteira e microondas á túa disposición.
É a terceira das nosas instalacións, moi preto das anteriores, na peonil rúa Ferreiros, no número 22, e a 50 metros da Praza de España, onde se sitúa o Concello, a Subdelegación do Goberno, o Parking e o parque da Alameda.
Ofrecemos 8 cuartos dobres con baño privado, algunhas familiares, onde as parellas, con ou sen fillos, os amigos e amigas que buscan compartir a súa habitación, atopan un establecemento deseñado para facilitar o descanso, a limpeza, mantementos e atención onde prima o importante e descarta o máis accesorio.