As Mareas de Pontevedra e Marín reclaman un carril bici entre Mollabao e Aguete

Pontevedra
19 de maio 2015

As Mareas de Marín e Pontevedra, xunto con colectivos de usuarios, organizaron unha ciclomarcha para reclamar un carril bici que una de forma segura Mollabao e Aguete

Marcha ciclista das Mareas de Pontevedra e Marín
Marcha ciclista das Mareas de Pontevedra e Marín / Daniel Santomé

As Mareas de Marín e Pontevedra, xunto con colectivos de usuarios, organizaron unha ciclomarcha para reclamar un carril bici que una de forma segura Mollabao e Aguete.

A marcha comezou dende a Praza de España en Pontevedra e dende Porto de Aguete en Marín ás 18:15 e confluiron na Praza de Marqués de Valterra en Estribela para posteriormente reclamar un espazo autoxestionado pola mocidade para deportes urbanos (skate, bmx, scooter), xa que, segundo din, a cultura urbana promove integración, deporte e intercambio de coñecementos, "tres grandes piares do modelo de sociedade que defenden as nosas plataformas e que tanto demandan dende estes deportes".

Entenden que a mocidade precisa espazos para o "autodesenvolvemento " e pensan que "a privación de espazos públicos para estas actividades é algo negativo".

As candidaturas da Marea sinalan que a bicicleta "é unha alternativa biosaudable ao transporte tradicional, soamente precisa espazos seguros".

"Somos moitísimos os usuarios que facemos esa ruta e coincidimos na necesidade dun carril bici que conecte as nosas cidades, ademais de rematar o do vial de praias", salientaron.