Encaramos os últimos días da campaña electoral e, con eles, as análises da presenza na rede dos candidatos ao Concello de Pontevedra. Hoxe tócalle o turno a un veterano: Miguel Anxo Fernández Lores do Bloque Nacionalista Galego.
Enfilando a que pode ser a súa quinta lexislatura, Lores está a facer unha campaña moi persoal na que o partido parece ter pouco ou nada que dicir. Se botamos un vistazo á súa páxina web, está centrada no candidato, sen existir ningunha páxina propia do partido a nivel local. Falando do deseño, pese a que non segue os cánones actuais, hai que recoñecer a Lores que o seu sitio web posúe un deseño agradable e moi ben estructurado. Ademáis, vése correctamente en dispositivos móbiles e en todos os navegadores, algo clave en calqueira páxina actual.
Se observamos o tema da accesibilidade, a páxina web pode andar coa cabeza ben alta. E que aínda que deu mais de 30 erros no test da W3C, non son críticos e non afectan, en principio, aos lectores que utilizan as persoas con discapacidade para acceder aos contidos web.
O contido da páxina web é notable. Dispón dun acceso claro á toda a información que poidamos necesitar: dende o programa electoral, pasando polo ideario e o equipo que terá Lores no caso de sair escollido. Como puntos positivos, destacar a existencia dunha axenda e unhas noticias actuliazadas ademais dunha forma de contacto moi directa.
REDES SOCIAIS
Nas redes sociais, a candidatura de Miguel Anxo ten unha presenza humilde pero efectiva: só dispón de contas adicadas ao candidato, deixando a un lado unhas posibles contas do partido local como teñen outras candidaturas. Como dicimos, só hay tres contas: un usuario de Twitter (@Lorespontevedra), unha páxina de Facebook e unha canle de YouTube.
A páxina de Facebook do alcalde en funcións é correcta. Nela publícanse tódalas actividade que realiza o candidato, acompañadas sempre de textos moi descriptivos e fotos que ilustran perfectamente as actualizacións. Nembargantes, hai pequenos puntos negativos nesta presenza: por un lado, a xa constante repetición de contidos con outras redes, algo que xa dixemos que satura. E na outra parte, non hai interacción co usuario de ningún tipo, nin sequera a modo de contestacións aos comentarios ou as mensaxes que se envían. Isto é algo que é casi obrigado en calquera rede social.
A presenza de Lores en Twitter é similar á que atopamos en Facebook. Mentres os seus contidos son de calidade e o uso da rede é abundante e correcto grazas á utilización de hashtags, retweets e mensaxes moi ben escollidos, a repetición dos contidos e a susodita inexistente interacción cos usuarios son dúas manchas que emborronan o bo facer do Bloque Nacionalista Galego. Unha rede social non é só para publicitarse, tamén está para relacionarse cos teus usuarios (neste caso votantes), algo que parece que olvidaron a maioría dos candidatos ao Concello de Pontevedra.
A canle de YouTube é tamén unha pequena mancha na presenza na rede de Lores e compañía. Pese a estar enlazada dende a páxina da candidatura, a canle só dispón de 4 vídeos. O contido audiovisual é básico para atraer aos usuarios, polo que é raro comprobar como, cos medios que hai na actualiade, a candidatura de Lores deixou de lado unha oportunidade tan grande e sinxela de explicar a súa idea de cidade aos votantes.
En definitiva, a presenza na rede de Lores é boa, xa que pese a ter os erros que mencionamos, conseguiron comunicar as súas ideas con moi pouco. Iso si, para sacar unha mellor nota tería que aumentar a súa presenza, correxir os erros mencionados e, sobre todo, non desaparecer de Twitter o día despois das eleccións como xa pasou hai 4 anos.