Ecos de sociedade

Pontevedra
02 de xaneiro 2016

Sanxenxo foi foco de noticias positivas durante os últimos doce meses acaparando a maioría das portadas dos tradicionais ecos de sociedade

Eclipse de sol desde a Praza da Ferrería
Eclipse de sol desde a Praza da Ferrería / Mónica Patxot

O rei Felipe VI presidiu por primeira vez como monarca o acto de xura de bandeira e entrega de despachos da Escola Naval de Marín. Non estivo acompañado pola raíña Letizia.

O seu pai, o rei emérito Juan Carlos, tamén visitou Sanxenxo en varias ocasións durante o outono para gozar da vela deportiva pola ría de Pontevedra a bordo do seu novo barco.

Como un rei quedou o responsable de comunicación de Sanidade quen fixo unha declaración pública de amoro ir buscar a súa muller coma un cabaleiro andante.

Sanxenxo foi foco de noticias positivas durante os últimos doce meses, a pesar de perder varias bandeiras azuis nas súas praias, pechou un ano con cifras turísticas de record.

Tamén repartiu 5,7 millóns de euros coa lotería de Nadal. A administración número 1 vendeu 960 décimos do número 89.023, a maioría á cafetería California, que os distribuíu por toda España. Este quinto premio converteu á localidade na máis afortunada do sorteo deste ano en Galicia.

Este ano tamén nos deixaron, entre outros, o escritor Xosé Neira Vilas, o concelleiro Ricardo Aguilar, o médico Luciano García Alén, o poeta Carlos Oroza, José Luis Bóveda ou o pintor Miguel Aramburu.

E unha das imaxes do ano, deixouna o sol cunha eclipse que se poido ver con total nitidez desde Pontevedra.