Jacobo Moreira propón modificar os xardíns do primeiro tramo da Avenida de Marín

Pontevedra
09 de abril 2015

O candidato popular á Alcaldía propón mellorar a actuación levada a cabo polo goberno local na Avenida de Marín co fin de aproveitar o espazo ata agora inutilizado polos veciños de Pontevedra

Infografía da proposta de modificación do paseo
Infografía da proposta de modificación do paseo

O candidato popular á Alcaldía de Pontevedra, Jacobo Moreira desprazouse este xoves ata a Avenida de Marín para presentar unha proposta de mellora nesta zona que incluirá no seu programa electoral consistente en trasladar os dous carrís de dirección Marín ao lugar que ocupa a medianeira, entre as árbores.

Deste xeito consíguese un mellor aproveitamento dos espazos xa que ⿿manteríase o fluxo de tráfico con catro carrís, pero permitiría gañar un espazo peonil máis amplo para uso dos cidadáns⿝, sinalou Jacobo Moreira, que avanzou que incluso ⿿poderíase prolongar esta proposta en dirección Marín ata onde o ancho da vía o permite⿝.

Este proxecto tería un custo aproximado de 200.000 euros, cantidade similar ao gasto que supuxo poñer lastras nun tramo de Benito Corbal.

⿿Imos darlle a volta á forma de facer as cousas. A nosa filosofía non é desfacer o realizado polo goberno anterior, senón tratar de mellorar o existente⿝, matizou Jacobo Moreira.

⿿A medianeira converteuse nun lugar inutilizado polos veciños, un espazo rodeado de vehículos que supón un perigo para os rapaces. Incluso o concurso para xestionar a cafetería quedou deserto, en dúas ocasións, porque a ningunha empresa lle parece atractivo iniciar o seu negocio neste lugar. ÿ evidente que esta parte da obra foi unha inversión estéril⿝, advertiu o candidato popular.

Jacobo Moreira sinalou que ⿿este é un simple exemplo de cómo se poden planificar mellor os investimentos que se fan cos cartos dos cidadáns⿝.