Marea Pontevedra celebraba este venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, os 100 anos da chegada de Castelao a Pontevedra. Con este motivo, integrantes da formación encabezados polo candidato á alcaldía Luís Rei daban lectura a textos do autor de Rianxo ante a entrada do Sexto Edifico do Museo Provincial.
Xaime Toxo, presidente do Ateneo de Pontevedra, foi o encargado da presentación desta lectura colectiva na que tamén interviron os números 2 e 3 da lista de Marea Pontevedra, Teresa Casal e Manuel Fontán, ademais doutros integrantes da candidatura.
Luís Rei recitaba o poema titulado 'Meu Pontevedra', destacando que se trata dunha mostra de cariño a aquel médico que nunca exerceu por amor á humanidade e afirmou que o Museo acolle con orgullo gran parte da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un espazo ao que o intelectual contribuíu sendo un dos tres integrantes do primeiro Patronato.
Marea Pontevedra desenvolverá este sábado 18, a partir das 20.00 horas, na Casa da Luz un acto sobre renda social, pensións e emprego, en que participarán Teresa Casal, Herminia Dios e Javier Pérez cunha tertulia con Xavier Pérez Davila, activista en defensa das pensións e Manuel Lago, deputado de En Marea.