Marea Pontevedra reivindica na Casa da Luz unha mirada violeta

Pontevedra
14 de maio 2019

As candidatas de Marea Pontevedra Teresa Casal e Peque González, acompañadas de Tareixa Ledo Regal e de Lidia Senra, candidata ao Parlamento Europeo por En Marea, mantiveron este martes unha conversa entre mulleres

Marea Pontevedra: conversa entre mulleres
Marea Pontevedra: conversa entre mulleres / Mónica Patxot

Enfocar con ollada violeta diferentes aspectos da vida municipal. Con esta premisa, as candidatas de marea pontevedra Teresa Casal e Peque González, acompañadas de Tareixa ledo Regal e de Lidia Senra, candidata ao Parlamento Europeo por En Marea mantiñan un encontro na tarde deste martes na Casa da Luz.

No acto criticouse que o goberno local de Pontevedra manteña esquecida esa perspectiva feminista. Denuncian esta ausencia nos espazos comúns das parroquias e da cidade, na carencia de elementos que faciliten a realización de coidados, unha tarefa que habitualmente queda a cargo das mulleres ou no fomento do deporte feminino entre as máis novas. Aspectos que Marea Pontevedra quere revertir coa intención de priorizar, desde o Concello, a aqueles clubs que conten con categorías femininas e busquen a paridade entre homes e mulleres nos seus órganos de dirección e monitores. 

Ademais, Marea Pontevedra reclama unha mirada violenta nos eventos e festas, coa instalación de Puntos Lilas nos que se atenda, informe e axude a vítimas de abusos e agresións sexuais. Entenden que tamén é necesario elaborar, de forma participativa, un Plan municipal de loita contra as violencias machistas coa ampliación do personal cualficado do CIM (Centro de Información á Muller).

Pola súa banda, Lidia Senra destacou que é necesario trasladar estas cuestións tamén á Unión Europea, encargada de adoptar o 80% das políticas que afectan á vida diaria das mulleres galegas. Reivindican que se atendan os dereitos das mulleres e que se promova a participación igualitaria en todos os terreos.