Mariano Rajoy dará un mitin en Pontevedra o venres 15 de maio

Pontevedra
04 de maio 2015

A cidade do Lérez está incluída entre os vinte e dous actos xa programados durante catorce dos quince días da campaña das municipais, que lle levarán a dezaseis comunidades, incluída Galicia. Ademais de Pontevedra, previamente ese venres Rajoy recalará tamén en Vigo, segundo informaron dende o PP

Mariano Rajoy de paseo por Pontevedra
Mariano Rajoy de paseo por Pontevedra / Partido Popular

O presidente do Goberno e líder nacional do Partido Popular, Mariano Rajoy, dará un mitin electoral en Pontevedra o venres 15 de maio.

A cidade do Lérez está incluída entre os vinte e dous actos xa programados durante catorce dos quince días da campaña das municipais, que o levarán a dezaseis comunidades, incluída Galicia.

Ademais de Pontevedra, previamente ese venres, Rajoy recalará tamén en Vigo, segundo informaron dende o PP.

Á axenda do presidente dos populares haberá que sumar encontros sectoriais que o partido non concretou e probablemente algún "paseo" do que aínda non se informou.