Paloma San Basilio, Rosario Flores e Iván Ferreiro, artistas de renome para a Semana Grande

Pontevedra
08 de agosto 2025

As principais actuacións terán lugar na Praza da Ferrería, ás 21:00 horas, e na Praza de España, ás 22:30 horas. Todos os concertos da Peregrina son gratuítos

Fotomontaxe coas imaxes dos carteis dos concertos de Paloma San Basilio, Rosario Flores e Iván Ferreiro e León Benavente
Fotomontaxe coas imaxes dos carteis dos concertos de Paloma San Basilio, Rosario Flores e Iván Ferreiro e León Benavente /

A boa música volve ser protagonista nas Festas da Peregrina 2025, cun completo cartel de concertos, que ofrecerá dez días cheos de actuacións para todos os gustos.

Entre os destacados atópanse Paloma San Basilio, quen ofrecerá o 15 de agosto ás 22:30 o seu agardado concerto na Praza de España, e Rosario Flores, que actuará o martes 12 de agosto no mesmo escenario principal, presentando a súa xira Universo de ley.

Acompañada de toda a súa banda, o espectáculo de Rosario incluirá éxitos como Mi gato oo Sabor sabor e tamén reivindicará a figura da súa nai, Lola Flores; do seu pai, Antonio González "El Pescaílla"; e, sobre todo, do seu irmán, Antonio Flores, do que recupera unha das súas cancións máis coñecidas, No dudaría.

Outra gran estrela será Khea, que actuará o luns 11 de agosto ás 22:30 na Praza de España; ese mesmo día, ás 21:00, na Praza da Ferrería, será a quenda para Los Niños Jesús, a banda de Jordi Évole.

O domingo 17 de agosto será o día co dobre de sorpresas, xa que na Praza de España actuarán Iván Ferreiro e a banda León Benavente nun concerto considerado un auténtico broche de ouro para as festividades.

A actuación de Iván Ferreiro, coa súa xira Trinchera pop, será ás 22:30 horas, e a continuación, a banda León Benavente presentará a súa Nueva sinfonía sobre el caos. Espérase tamén que nalgún momento compartan escenario, ofrecendo un espectáculo único para o público pontevedrés.

O cartel tamén inclúe outros artistas destacados como Marina Reche, que actuará na Praza de España o domingo 10 de agosto ás 22:30 horas; e Serafín Zubiri, que ofrecerá un concerto na Praza da Ferrería o domingo 17 de agosto ás 21:00 horas, acompañado pola Banda de Música de Pontevedra.

Toda a programación de concertos pode consultarse en: Programación de las Festas da Peregrina 2025

No apartado de propostas folclóricas e tradicionais, as festas contarán con pasacalles, actuacións de grupos galegos como Pola Vila, Os de Algures, Gaiteiros das Rías Baixas e agrupacións locais, ademais de actividades descentralizadas en todos os barrios, incluíndo pasacalles, teatro, circo, e actividades infantís como a batalla de flores e espectáculos na Praza da Curtidoira, destacando a festa infantil O Circo das Estrelas.

As noites, a partires das 22:45 horas, estarán amenizadas con verbena na Gran Vía de Montero Ríos, con orquestras como Grupo Cabaret, Alabama, La Nave, Xanadú, La Fábula, Las Vegas, e D ́Criss.