Pontevedreses, Moreira fálavos a través de YouTube

Pontevedra
09 de marzo 2015

'EscuchaPontevedra' xa esta na Rede. ÿ a nova canle do Partido Popular de Pontevedra na plataforma Youtube, na que xa están publicados os dous primeiros vídeos e que se enmarca dentro da súa aposta por crear un entorno tecnolóxico no que "invita os pontevedreses e outros usuarios a formar parte de todas as actividades que desenvolve o partido"

Nova páxina web do PP de Pontevedra
Nova páxina web do PP de Pontevedra / Mónica Patxot

'EscuchaPontevedra' xa esta na Rede. ÿ a nova canle do Partido Popular de Pontevedra na plataforma Youtube, na que xa están publicados os dous primeiros vídeos e que se enmarca dentro da súa aposta por crear un entorno tecnolóxico no que "invita os pontevedreses e outros usuarios a formar parte de todas as actividades que desenvolve o partido".

A canle estreouse o 16 de febreiro coa publicación da intervención do candidato do PP á Alcaldía, Jacobo Moreira, na Convencion Nacional 2015 do partido e inclúe un video de produción propia titulado 'El rural, según Lores' no que comparan a dotación de servizos na parroquia de Marcón entre o lugar no que reside o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e outros camiños. Logo de amosar esas imaxes, lembran que todos os veciños de Pontevedra merecen os mesmos servizos, pois "non hai pontevedreses de primeira e de segunda".

Un acceso directo a esta canle é unha das novidades da nova web que os 'populares' estrearon este luns. O partido presume de que a páxima ten un "deseño renovado, máis dinámico e práctico" e fomenta a participación cidadá.

A web inclúe información detallada sobre Jacobo Moreira e un espazo no que os visitantes poderán interactuar directamente con él,  a través de Facebook, Twitter e correo electrónico.  Neste novo espazo tamén se impulsa o contacto directo entre os  distintos membros que forman o Partido Popular de Pontevedra e os cidadáns, para que poidan expoñer as súas necesidades, valoracións, inquedanzas e críticas.

A páxina inclúe un apartado denominado 'A pé de rúa' no que se contará o traballo que Jacobo Moreira vén desenvolvendo día a día xunto aos veciños.