The Rapants traen 'La máquina del buen rollo' ás Festas da Peregrina, así que a bailar e mellor "non vir en sandalias!"

08 de agosto 2025

Os muradáns Xaquín, Xanma, Samuel e Matías teñen un apelido común, The Rapants, un improvisado anglicismo para Os Rapantes. A súa xira 2025 inclúe parada nas Festas da Peregrina o 14 de agosto

The Rapants
The Rapants / Andrea Freckleseye

Levan na escena galega desde o 2018, pero desde o 2024 con  'La máquina del buen rollo', están a botar por fora. Os muradáns Xaquín (batería), Xanma (guitarra e voz), Matías (baixo e teclado) e Samuel (guitarra e voz), - con quen charlamos nesta entrevista para PontevedraViva -, son The Rapants, un improvisado anglicismo de Os Rapantes. A súa xira 2025 inclúe parada nas Festas da Peregrina o próximo 14 de agosto no escenario da Praza de España.

 'La máquina del buen rollo' é o voso cuarto traballo e o estalido definitivo da banda. O arranque da Sala Capitol de Santiago foi o sinal inequívoco de que The Rapants entraba noutra fase?

Totalmente de acordo. Viñamos dun disco que nos funcionara bastante, 'O corasón como un after' co que tocáramos en bastantes festivais, pero de ninjunha das maneiras esperabámonos faser dúas Capitol seguidas. De feito, tiñamos unha data, esjotáronse as entradas en cinco minutos e tivemos que reservar para o día sejinte que tamén se esjotou noutros cinco minutos. Foi un pouco demensial todo.

Como sempre, letras en galego, con geada e seseo, - (e así se transcribe esta conversación en galego) -, pero o título do álbum en castelán, por que?.

Queriamos remitir a O Saltamontes que é esa atrasión de feira tan mítica e que precísamente o xerente desa atrasión de feira que nos serve de portada é o noso vesiño de Muros, así que queriamos utilisar esa frase de "a máquina do bo rolo" que el canta sempre pola megafonía da atrasión porque é a nosa filosofía de vida e da nosa música; hai que pasalo ben, levar o bo rolo alá onde imos e contaxialo a toda a xente que poidamos.

Usar eses acenos de identidade lingüística, mesmo nas vosas redes sociais, fala tamén dun espírito retranqueiro que vai convosco...

É verdade, nós tomámonos a vida así, queremos que a nosa música sexa o máis auténtica posible, entón ao cantar en jalego temos que tirar de como falamos porque ao final a lingua materna dos catro é o jalego, usámolo con geada e con seseo; e non podía ser doutra maneira na nosa música.

Este álbum leva virando en directo desde o 2024, despois de tantos concertos, o espectáculo vai só ou cada un ten algo distinto?

Cada show ten aljo distinto. Sobre a base estipulada foi evolusionando nestes dous anos. Da xira do ano anterior a esta fixemos moitos cambios, introdusimos novos instrumentos, imos mellorando con cada un, antisipando o que pode vir no próximo álbum pero tamén renovando cada directo. Por exemplo, o outro día no SonRías Baixas como fasía moita calor, tivemos un momento de cantar o 'Coljando en tus manos' de Carlos Baute; lembro outro que a Samu non lle funsionaba a guitarra e tocamos unha de Amaral; noutros fasemos o saltamontes co público, ou pedimos que se abracen todos.... imos improvisando en todos os shows e nunca se sabe por onde imos saír.

Cara a onde levades a raia do peiteado este 2025? (no cartel de xira anuncian: cambiamos a rayita do peiteado).

Non o sei!, nin recordo para onde a levabamos o ano pasado! deu tantas voltas ese peiteado que... a ver si peiteámonos para o próximo disco un pouco!.

E falando dos 'bolos' deste ano, facer dobrete nun mesmo día, como foi o pasado 2 de agosto no SonRías de Bueu máis en Catoira, é que seguides petando cada vez máis ou que Galicia vai sobrada en festas e festivais? ou ambas.

Creo que efectivamente Jalisia ten festas e festivais para encher e non sei si petámolo tanto pero a verdade é que temos que ajradeser que o público nos dá agarimo alá onde imos. O sábado no SonRías non nos esperabamos tanta xente coa calor que fasía ao mediodía, a xente estaba con pistolas de auja... foi divertidísimo e como diciamos antes, diferente porque foi sesión vermú e chejamos á noite a unha romaría viquinja que era totalmente outro universo. Hai público para todo, con janas de pasalo ben e estamos dispostos a dalo onde vaia 'La máquina del buen rollo'.

Conseguir catrocentos voluntarios para gravar un vídeo é sinxelo ou tolemia? (vídeoclip de  'Blaster W4U', o primeiro sinxelo deste último álbum)

Esperabámolo máis complicado. O obxetivo eran tresentos, ao final tivemos que improvisar un directo alá na lonxa para esas catrosentas persoas porque non esperabamos tanta xente e non sabiamos que faser mentres non rodaban, para telos entretidos e que non se nos marchasen. Entón foi relativamente fásil pero non creo que normalmente sexa así.

Quen ten máis fans, a Panorama ou The Rapants? (os fieis seguidores dos muradáns teñen o seu nome propio,  Rapants Fans Hoolingans)

Home... creo que ajora mesmo por un tema de orsamento está máis arriba a Panorama que nós, pero que non se descoiden porque á mínima adiantámolos pola dereita. Eh, estamos a esperar a que nos versione a Panorama, que aínda non se atreveron!

Repasando os discos publicados, o primeiro EP soaba máis a garaxe; tamén o primeiro LP. 'O corasón como un after' era máis disco (de feito inclúe colaboracións con Grande Amore e Galician Army), e este último é máis popero. Cada un tivo un produtor diferente, cóntame esta forma de traballar.

O produtor dos anteriores álbums era distinto ao do EP 'Nic Bahía' e tamén diferente ao que tivemos no outro anterior. A nosa filosofía é a de aprender o máximo posible da maior cantidade posible de persoas distintas que poidamos atoparnos. De feito, para o disco que estamos a gravar ajora non é ninjún dos anteriores porque nos mola descubrir novas formas de traballar e con esas ferramentas, nós escoller o estilo ao que queremos soar. Con Iago Blanco, que é o noso técnico de son, jravamos 'O corasón como un after' que foi un disco super exitoso que nos levou ao Son do Camiño, ao PortAmérica e mogollón de festivais; entón para nós era un reto volver sacar outro disco que á xente gustáselle tanto.

Por medo tamén un pouco, a estancarnos, decidimos ir a Cádiz xunto a Paco Loco para que fose algo totalmente distinto, que non se parecese tanto ao disco anterior e que soase diferente para atraer a novo público ou explorar novos camiños á xente que xa nos seguía. Neste próximo, buscamos o mesmo, queremos evolucionar como músicos e como artistas. Buscar novas formas de faser música e de pasalo ben e creo que é a forma de non aburrir e caer na monotonía. Non somos nada conformistas e non nos vale con sacar outro disco como 'La máquina del buen rollo', queremos aljo totalmente novo.

E que váis a facer co seguinte porque estades a ser moi discretos respecto do que virá?

Si, levámolo con calma porque ajora hai que chejar ao final desta xira que tantas alejrías nos está dando - incluído o Premio MIN (Mellor Álbum en Galego) -, e estamos centrados en terminar estes concertos ao jrande. Estamos na sombra traballando duro, experimentando, rompéndonos a cabesa xa para próximos videoclips, para imaxe, con cancións xa jravadas.. e aí estamos, a ver si para finais deste ano podemos ir desvelando xa un pouco.

Entón polo momento non lle pomos datas para evitar a presión...

Si, imos manexando datas sejundo imos tendo o traballo feito, pero non tardará en vir o próximo álbum.

Para terminar, un consello para quen vaian gozar con The Rapants o próximo día 14 de agosto en Pontevedra.

Sobre todo que veñan con moitas janas de pasalo ben e divertirse. Que deixen as preocupasións e a tensión para vir bailar ao jrande e que non veñan en sandalias porque se cadra lles poden pisar, así que mellor non vir con sandalias!