Taxista, mariscador, panadeiro, adestrador... así son as 'profesións' de Jacobo Moreira

Pontevedra
06 de maio 2015

A Jacobo Moreira non lle chega, di, con acercarse aos veciños. Quere entender as súas realidades. Por iso, nesta precampaña electoral decidiu poñerse na pel de diferentes profesionais. Ao estilo do programa de televisión 21 días, emitido en Cuatro, o candidato popular entende que non é o mesmo contalo que vivilo, e probou o traballo e as necesidades de diferentes colectivos

Jacobo Moreira, candidato do PP, traballando como agricultor
Jacobo Moreira, candidato do PP, traballando como agricultor / Partido Popular de Pontevedra

A Jacobo Moreira non lle chega, di, con acercarse aos veciños. Quere entender as súas realidades. Por iso, nesta precampaña electoral decidiu poñerse na pel de diferentes profesionais. Ao estilo do programa de televisión 21 días, emitido en Cuatro, o candidato popular entende que non é o mesmo contalo que vivilo, e probou o traballo e as necesidades de diferentes colectivos.

Así, exerceu como panadeiro, acompañando a un veciño de Pontevedra na súa rutina diaria que comeza ás tres da madrugada; ou xunto ás mariscadoras da Ría comprobou o traballo que supón a recollida de ameixa, sempre que as condición meteorolóxicas o permiten. 

Tamén probou o traballo dos voluntarios do comedor social de San Francisco, servindo a comida a persoas da nosa cidade que están pasando serias dificultades; con os máis cativos e os seus adestradores compartiu unha tarde de fútbol; e tamén achegouse ao labor dun taxista que traballa en horario nocturno e á do agricultor, profesión relegada ao medio rural e que "tende ao esquecemento", segundo os populares.

A última realidade á que se achegou é ao traballo na lonxa do Porto de Marín. Alí esperáballe, contra as cinco da madrugada, unha veciña de Estribela para explicarlle o funcionamento da lonxa e os cambios que lle gustaría que se fixesen.

"Este é o meu compromiso coas persoas de Pontevedra", sinala Jacobo Moreira, "reuninme con centos de persoas no último ano, escoiteinas e agora non lle podo fallar".

SANEAMENTO PARA MOURENTE E BORA

Ademais, Jacobo Moreira reuniuse con veciños das parroquias de Mourente e Bora aos que lles trasladou o seu firme compromiso co saneamento e abastecemento de todas as casas e núcleos do rural. Entende que se trata dun servizo básico polo que os veciños do rural levan esperando dende hai dezaseis anos sen recibir resposta por parte do actual goberno local.

Para o candidato popular, resulta "incomprensible" que no século XXI os pontevedreses que residen nas parroquias non poidan contar con este servizo básico. "En Pontevedra hai cidadáns de primeira e de segunda, e nós imos darlle a volta a esta discriminación iniciada por Lores co respaldo dos seus socios de goberno. As parroquias terán o saneamento que Lores lles veu negando durante 16 anos", asegurou.