La trastienda #68

Radio
08 de xaneiro 2018
Actualizado: 27 de novembro 2024

Volve La Trastienda tras a paréntese do Nadal e faino para analizar o momento do Pontevedra co seu actual adestrador, Luismi.

La trastienda #68 /
La trastienda #68
La trastienda #68

Luís Miguel Areda "Luismi" é o invitado de La Trastienda, que regresa tras a paréntese do Nadal para efectuar unha análise da situación do Pontevedra, despois do empate fronte ao Celta B en Pasarón que lle leva a acumular 10 xornadas consecutivas sen gañar, metendo ao equipo granate en posto de play-out de permanencia. Co substituto de Luisito, falamos da súa situación persoal, das súas ilusións e posibilidades por ser confirmado como adestrador, e do estado dos xogadores, así como a posibilidade de que se produzan cambios na composición do plantel.