Serpe riscada ou cobra de escada. Rhinechis scalaris. Culebra de escalera

11 de abril 2015
Actualizado: 18 de xuño 2024

subir imagen

Especie: Cobra grande. A coloración dorsal entre amarelento e ocre. Ten dúas liñas lonxitudinais de color negra ou pardo escura nos adultos. Algúns exemplares adultos teñen unha mancha escura dende o ollo á comisura da boca, máis frecuente nos xuvenís e cun debuxo dorsal, con dúas liñas lonxitudinais atravesadas por outras transversais facendo un debuxo en forma de escada de man (de onde lle ven o seu nome).

Hábitat: Prefire lugares con moito sol, principalmente en terreos secos e pedregosos. Podémola atopar tamén en muros, piñeirais, campos de labor e ás veces en zonas de rochas ao bordo do mar.

Tamaño: Normalmente entre os 130 e 150 Cm.

Curiosidades: Polas noites, podémolas ver nalgunhas estradas, aproveitando a calor retida no asfalto. Esta cobra cando se lle molesta ou acurralada móstrase bastante agresiva, abrindo a boca e tentando morder.

Ameazas: Os incendios forestais, atropelos nas estradas polo costume de aproveitar a calor polas noites. Tamén vítima da "persecución cultural" que sofre.

 

'Réptiles que podemos atopar preto de Pontevedra'. Traballo feito por Juan Ramón e Amancio Castro membros da Asociación Andaríns do Val do Lérez