A Agamfec, principal sociedade dos médicos de familia galegos, con máis de 1000 socios e socias, ante o impacto que vén de ter a noticia da creación dunha nova categoría profesional para medicina de familia no Sergas, quere deixar clara a súa opinión:
Non parece axeitado incluír nunha lei de acompañamento unha nova categoría cando se trata de deseñar un contrato laboral, este debe facerse con normalidade, como se ofertan as prazas ate o de agora. Pero ofertando contratos de calidade, dignos e atractivos económica e laboralmente.
Sen señuelos en forma de fundir aínda máis no descrédito a carreira profesional, sen artimañas na posibilidade de obter praza sen oposición regrada, como toda a vida se fixo, que as cousas que ben están non é preciso cambialas cando tantas cousas temos que modificar.
O sentidiño que tanto nos reclaman debería estar presente nas decisións da Consellería.
Os cambios deben ser fondos e radicais, organizativos, de xestión, de orientación, de maiores competencias profesionais, de integración. Todo iso é certo, pero máis importante é o cambio na financiación.
Xa estamos cansos de comprobar como se financian as innovacións hospitalarias e como na Primaria todo faise a "custo cero". Non semella crible falar de aposta polo fornecemento da Primaria, da súa importancia, mentres os presupostos diminúen un ano tras outro.
AGAMFEC (
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.