AGAMFEC opina sobre a creación dunha nova categoría profesional para medicina de familia no Sergas

15 de novembro 2021
Actualizado: 18 de xuño 2024

Non parece axeitado incluír nunha lei de acompañamento unha nova categoría cando se trata de deseñar un contrato laboral, este debe facerse con normalidade, como se ofertan as prazas ate o de agora. Pero ofertando contratos de calidade, dignos e atractivos económica e laboralmente

A Agamfec, principal sociedade dos médicos de familia galegos, con máis de 1000 socios e socias, ante o impacto que vén de ter a noticia da creación dunha nova categoría profesional para medicina de familia no Sergas, quere deixar clara a súa opinión:

Non parece axeitado incluír nunha lei de acompañamento unha nova categoría cando se trata de deseñar un contrato laboral, este debe facerse con normalidade, como se ofertan as prazas ate o de agora. Pero ofertando contratos de calidade, dignos e atractivos económica e laboralmente.

Sen señuelos en forma de fundir aínda máis no descrédito a carreira profesional, sen artimañas na posibilidade de obter praza sen oposición regrada, como toda a vida se fixo, que as cousas que ben están non é preciso cambialas cando tantas cousas temos que modificar.

O sentidiño que tanto nos reclaman debería estar presente nas decisións da Consellería.

Os cambios deben ser fondos e radicais, organizativos, de xestión, de orientación, de maiores competencias profesionais, de integración. Todo iso é certo, pero máis importante é o cambio na financiación.

Xa estamos cansos de comprobar como se financian as innovacións hospitalarias e como na Primaria todo faise a "custo cero". Non semella crible falar de aposta polo fornecemento da Primaria, da súa importancia, mentres os presupostos diminúen un ano tras outro.

AGAMFEC (

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora