Peche provisorio da Biblioteca do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó

22 de agosto 2023
Actualizado: 18 de xuño 2024

A Sociedade Cultural Deportiva de Raxó, entidade que xestiona a biblioteca do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, comunica que debido a vaga de calor e falla de funcionamento do sistema de ar acondicionado no Centro, tomou a decisión de suspender a apertura da biblioteca ate que as condicións do centro o permitan.

Dita decisión ven motivada pola calor intensa que se sufre en dita instalación sen que, pese a serlle transmitida e reiterada durante anos aos responsabeis municipais, se adoptase ningunha medida tendente a solucionar tan grave e histórico problema por parte da Concelleria correspondente e que, na pasada corporación ostentaba Sílvia Díaz.

Por tal motivo que, ademáis, produxo unha baixada de usuarios ate os ningún da actualidade; e debido, tamén, ao deterioro que as altas temperaturas que se soportan na sa de lecturas supoñen para os fondos bibliográficos que esta Sociedade ten depositados na biblioteca, é polo que nos vemos obrigados a adoptar tan drástica decisión que, hoxe mesmo lle foi comunicada ao alcalde Poio. 

En tal senso, esta SCD manifesta, asemade, a intención de convocar no vindeiro mes de setembro a todos os grupos municipais presentes na actual Corporación Municipal para coñecer de primeira man e impulsar o estado dos proxectos e demandas pendentes na nosa parroquia, tais como o que nos ocupa, coa dotación de persoal e contido pactado e imcumplido polo anterior goberno municipal, o proxecto e orzamento da cubrición das pistas deportivas de Monte Baldío, o Camiño do Rego,  etc.

Raxó, a 22 de agosto de 2023.

Directiva da SCD Raxó