O seu acento porteño é o sinal dos seus primeiros dezanove anos en Arxentina. Do cinema, da película "Superman" chegoulle a súa inspiración profesional. Non é que quixese ser heroína - que pode considerarse a unha muller traballadora autonóma e nai de dúas criaturas -, quería ser Lois Lane. O mundo da comunicación. E estudaba aquilo cando tivo que dar un xiro ao seu destino. A familia regresaba a España. Así chegou a Lourido, unha noite de San Juan. Estudou Produción Audiovisual e apareceu un amigo que logo se converteu na súa parella e compañeiro empresarial con Produciones Mutantes.
A playlist de... #128: Romina Doce
Radio
22
de febreiro
2019
Actualizado:
27
de novembro
2024
Romina Doce, productora audiovisual de Producciones Mutantes.

Máis novidades