Da marxe dereita da ría bilbaína procede a invitada da Playlist, Isabel Fernández Reviriego. En Leioa viviu ata os 21 anos, coa chegada da década do 2000 trasladouse a Madrid e desde 2010 reside na cidade olívica xunto á súa parella, vigués. En Galicia está a ter a súa etapa máis prolífica profesionalmente. Editou catro discos co nome artístico de Aries; puxo música ao videoxogo de PlayStation 'Melbits World', á serie animada de Cartoon Network 'Hora de aventuras' editou o fanzine 'Un rayo ultravioleta' colaborou nunha curta para a marca de roupa de Stella McCartney ou con grupos como Delorean.
O seu primeiro concerto con este alter ego artístico foi no Liceo Mutante e a última vez que volveu a tocar foi este mes.