Podcans #11

Radio
27 de xaneiro 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

O clicker.

Podcans #11 /
Podcans #11
Podcans #11

Para este undécimo programa o educador canino Diego Álvarez fala dunha ferramenta que se pode empregar para traballar a obediencia e a referencia en positivo das mascotas e que ao seu criterio: ten máis beneficios que a voz.

imaxe corresponde esta semana a 'Luke'. Trátase dun cruzamento de sabuxo, de oito meses, que require adopción. O can tivo unha rotura nunha pata e a pesar de recibir rehabilitación non houbo unha solución satisfactoria ao non ser posible a súa operación. Aínda que a pata afectada quedoulle encolleita, fai vida normal, e mesmo corre. É unha animal sociable con outros cans e con persoas. Está castrado e non é un can potencialmente perigoso. As persoas interesadas poden chamar a SOS Pelines ao número de teléfono 636539779.