Podcans #16

Radio
28 de abril 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

Aprendizaxe asociativa.

Podcans #16 /
Podcans #16
Podcans #16

adiestrador canino Diego Álvarez falou no último programa de Podcans sobre a aprendizaxe asociativa cos cans. Unha fórmula que se vale da asociación que fará o animal entre dous estímulos ou situacións e que require dun condicionamento para que se produza dita asociación. Se a priori pode parecer unha terminoloxía complexa para non instruídos; o podcast está pensado para todos os donos de cans, así que continuamente expóñense exemplos que ilustran as cuestións que presenta.

A imaxe que acompaña o programa é a de Goofy, que segue á espera de adopción. É un can dun ano, de tamaño grande, castrado, desparasitado, vacinado e chipeado. Socializa ben con outros cans e con persoas. Atópase na protectora Tu eres nuestra ayuda  e pódese contactar no teléfono 633842656.