Podcans #18

Radio
26 de maio 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

Habituación e desensibilización.

Podcans #18 /
Podcans #18
Podcans #18

Diego Álvarez fala nesta ocasión da habituación ou a desensibilización dun can. A diferenza entre un termo e outro radica en que no primeiro caso non hai unha resposta ansiosa do animal e no segundo si se produce. Para ilustrar estas máximas na educación das mascotas, achega exemplos claros. 

Neste programa respóndese ademais a unha dúbida exposta a través do correo electrónico podcans@gmail.com e que refire ao uso de arnés, colar ou correa. Sen esquecer as seccións habituais, o protagonista que ilustra Podcans é Bieito, un gato que se atopou en Lérez e require acollida ou adopción. Ten catro anos, sociabiliza ben con outros animais aínda que non tanto coas persoas. As persoas interesadas poden remitirse a Difusión Felina.