Podcans #33

Radio
16 de febreiro 2020
Actualizado: 27 de novembro 2024

Método Tellington TTouch.

Podcans #33 /
Podcans #33
Podcans #33

A tensión en determinadas zonas do corpo pode derivar en comportamentos non desexados como agresividade ou medo. Para evitar esas situacións, o educador canino Diego Álvarez fala nesta ocasión do Método Tellington TTouch. Coa súa aplicación nos cans conséguese mellorar o movemento, reducir o esteas, liberar tensións, ou mellorar o vínculo entre o can e o seu guía.

A imaxe que acompaña o podcast corresponde a Sabela, unha cadela que ten uns dez anos de idade e cuxa acollida urxe especialmente. O motivo é que ten mal unha pata e un tumor, que polo momento non son operables dado o seu exceso de peso.Por iso os seus guías deben coidar que realice un exercicio constante para quitar ese sobrepeso que permita a súa intervención. Aínda que socializa ben con outros animais e persoas é medorenta. Atópase na Asociación de Amigos da Canceira de Poio.