Podcans #36

Radio
07 de xuño 2020
Actualizado: 27 de novembro 2024

Diego Álvarez e 'Bella'. Adopción, educación e despedida.

Podcans #36 /
Podcans #36
Podcans #36

Podcans volve á normalidade, que neste contexto é motivo de alegría, pero nesta ocasión tamén conleva sentimentos atopados para o principal artífice deste programa, o educador canino Diego Álvarez, quen durante o confinamento tivo que despedirse da súa compañeira canina 'Bella'.

Así que, este primeiro programa de regreso, ten como protagonista a 'Bella', á que adoptaba sendo xa adulta. Os traballos en positivo dos que Diego Álvarez vén falando  foron aprendidos - mutuamente - tras esa adopción. As súas condutas agresivas e tensións cambiaron radicalmente cando comezaron a desenvolver eses métodos. A experiencia da despedida que explica pode servir para quen teña que facer fronte a ese momento e tomar a decisión de practicar unha eutanasia ante a falta de calidade de vida que evidenciou 'Bella'.

Nos últimos minutos, lembramos a constante presenza que os cans tiveron durante o confinamento; na progresiva  desescalada e falamos da recente campaña do  Concello de Pontevedra instando os comportamentos cívicos cando se sae á rúa cos cans.