Este xoves 13 de marzo RTVE presenta a nova versión de 'Esa diva' o tema co que Melody competirá na próxima edición do Festival de Eurovisión para o 17 de maio en Suíza.
Unha versión que substituirá á que defendeu e gañou o pasado xaneiro o Benidorm Fest.
Neste contexto, Tino Domínguez trae un episodio dedicado ao Festival de Eurovisión.
Un certámen que comezou a metade do século pasado, aínda que a representación española aínda tardaría en chegar.
Desde o seu himno identificativo até as versións contemporáneas, participacións icónicas..., representación de artistas de España, un pouco de historia con moita música.