Conversas na Ferrería #250. Feira taurina da Peregrina 2026 (1)

Conversas na Ferrería
30 de xuño 2026
Paula Losada, Juan Riveiro, Raúl Martínez e Alejando Calvo nas 'Conversas na Ferrería'
Paula Losada, Juan Riveiro, Raúl Martínez e Alejando Calvo nas 'Conversas na Ferrería' / PontevedraViva

Coñecidos os carteis que compoñen a próxima Feira taurina da Peregrina en Pontevedra, as 'Conversas na Ferrería' abren micrófonos á afección.

Nesta ocasión participan Alejandro Calvo, Raúl Martínez da Peña Miura, Paula Losada da Peña La Montera e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra.

Primeira parada nos dous carteis previstos para os días 8 e 9 agosto, sobre os que achegan os seus pareceres.

Expoñen opinións sobre a tempada taurina e estado do sector que continúa atraendo a máis novos, como tamén se comproba en Pontevedra.

Falan do próximo evento máis inmediato que terá lugar este sábado 4 de xullo na praza de touros de San Roque.

E para concluír, a Xeración do 27, alegato aos artífices e integrantes dunha xeración cultural que integrou nomes de diferentes disciplinas artísticas, incluído o toureo.

(As declaracións de Rafael Alberti corresponden a unha entrevista para Canal Sur Televisión).