Cos 5 sentidos. Juan Antonio Gago de Mendoza: o corsario da liberación de Marín

Cos 5 sentidos
01 de xuño 2025
Recreación da figura de Juan Antonio Gago de Mendoza PontevedraViva-IA

Juan Antonio Gago de Mendoza naceu en 1761 en Seixo (Marín). Foi un dos doce descendentes de José Benito Gago de Mendoza e María Bernarda Freire de Andrade, oito mulleres e catro homes.

Tanto Juan Antonio como os seus tres irmáns, José Bernardo, Pedro Manuel e Antonio Benito, "nobres por papeis" como explica o cicerone deste podcast, o escritor e investigador Alberto Fortes, fixeron fortuna co corso, foron por tanto corsarios.

O capítulo polo que pasou Juan Antonio Gago de Mendoza á historia, foi a súa intervención e liderado en abril de 1809 na liberación do municipio de Marín da invasión das tropas francesas. No entanto, non foi o único suceso bélico no que interveu.

A pesar de conseguir un inxente patrimonio económico faleceu arruinado. Pouco despois da morte de Juan Gago de Mendoza, a súa esposa Josefa Fernández de Ibarra "declarouse pobre de solemnidade". Consérvase o brasón do Pazo de Chirleu (Aguete), onde viviu coa súa familia. Foi enterrado no atrio da igrexa de San Tomé de Piñeiro (Marín).

'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).

Para a realización deste podcast utilizáronse como fontes: Concello de Marín - Revista Os Galos (Bueu, 2019, nº13) - e o escritor e investigador Alberto Fortes, que intervén no capítulo.