A industria musical tamén baixa marchas en canto a lanzamentos durante a etapa estival. Iso si, a estación leva uns recoñecidos apelidos: as cancións do verán.
Así, para este episodio un decálogo de temas que, cando chegue setembro, seguramente a túa memoria repetirá do tirón. Por suposto, hai máis, pero para que non che perdas, ben válenche este dez lanzamentos.
Sebastián Yatra xa tivo o seu verán 'Vagabundo' e na actual aposta con 'Cucaracheo' acompañado de Jay Kabalan. A música urbana rega case todo, e un dos seus nomes é o de Myke Towers con 'Una na más'.
Estamos en momento Mundial e quen non perdeu ocasión para porlle banda sonora é Shakira con 'Dai dai' xunto a Burna Boy. Si o 2025 foi o verán de 'La morocha', para o do 26, Abraham Mateo uniuse a Luck Ra para 'Último baile'.
Omar Courtz é outro candidato estival con varios temas e colaboracións, unha delas 'De lejitos' de Jay Wheeler. Tamén Saiko repetiuse o pasado ano, en xuño publicou o álbum 'Los angelitos' que inclúe 'PaToLasGyales'.
Tras a súa extensa parada en España, Bad Bunny non vai faltar nos saraos, nin Bruno Mars con 'I just might', ou 'Pa tí toa' de Lola Indigo e Ana Mena. E Quevedo aspira a colocar bo número dos tracks de 'El baifo'.