A autora homenaxeada este 2026 no Día das Letras Galegas deu pé a que estudantes do CEIP de Marcón (Pontevedra) convertésense en xornalistas durante a súa visita a PontevedraViva Radio.
Un total de dezaseis alumnos de 6º curso de Primaria sumáronse á iniciativa de fomento da lectura e aproximación aos medios de comunicación entre escolares.
Para iso, solicitouse información sobre a escritora e xornalista Begoña Caamaño para posteriormente, repartidos en grupos, preparasen unha entrevista ficticia con ela.
Mozas e mozos demostraron co seu traballo que, ademais de coñecer a biografía da entrevistada, tamén saben traballar en equipo.
Unha vez redactado o guión, repartíronse as preguntas e roles diante dos micrófonos. O resultado quedou reflectido neste podcast.