Cara a cara #707. Gabriela González con 'Casi adultos'

Cara a cara
11 de maio 2026
Portada de 'Casi adultos' co que Gabriela González debuta como escritora
Portada de 'Casi adultos' co que Gabriela González debuta como escritora / PontevedraViva

Xornalista e publicista de profesión, Gabriela González pon no mercado editorial o seu primeiro libro, 'Casi adultos'.

Pontevedresa de orixe, naceu e viviu en Vilagarcía aínda que a residencia familiar estea actualmente en Vilaboa. Reside en Madrid e segue sendo moi asidua ás Rías Baixas.

'Casi adultos' son setenta e cinco monodosis da vida dunha muller, desta muller, precedidas dun prospecto chamado 'A vida por diante'.

É desamor, amor, desexo, amizade, familia, cidades, lugares onde vivir ou se viviu, reloxos biolóxicos, concertos, encontros fortuítos, celos, desconexións, veráns, envellecer, morrer...

Gabriela González fala neste episodio do podcast 'Cara a cara' sobre o seu debut como escritora e sobre algunhas que outras cuestións máis.