Cos 5 sentidos. José Riestra López, marqués de Riestra

Cos 5 sentidos
27 de xullo 2025
Recreación con IA do cadro de José Riestra López, autoría de Joaquín Pintos
Recreación con IA do cadro de José Riestra López, autoría de Joaquín Pintos / PontevedraViva

Marqués de Riestra é o nome dunha céntrica rúa pontevedresa. Céntrica e moi próxima ao palacete no que viviu e faleceu o marqués, hoxe coñecido como Michelena 30, sede do Concello de Pontevedra.

E, quen foi este home?, todo apunta a que o máis influente da provincia entre finais do século XIX e comezos do século XX.

A través do documental sonoro que ofrece este podcast recréase a súa procedencia, o legado familiar recibido, a súa faceta política, empresarial e social.

Á súa morte, os actos fúnebres que tiveron lugar foron un reflexo da transcendencia que chegou a alcanzar José Riestra López.

Para a realización deste episodio de 'Cos 5 sentidos' usáronse como fontes:El pulso empresarial entre el norte y el sur de Galicia: el caso de Pastor y Riestra' de Elvira Lindoso Tato y Margarita Vilar Rodríguez. Universidad de A Coruña (Historia Contemporánea 45: 669-704 ISSN: 1130-2402). 'Empresarios de Galicia. (V2). Ascensión e caída da casa Riestra', María Jesús Facal Rodríguez e Xoán Carmona Badía, Universidade de Vigo e de Santiago de Compostela / CIEF CaixaGalicia /Fundación Galicia Empresa. Galiciana. Museo de Pontevedra. Os recursos sonoros corresponden a: Música Tradicional. Galicia v1, 'Negra sombra' (J. Montes) por Agrupación Coral Virgen del Faro. Orquesta Clásica de Xove e Grupo Vocal Solo Voces, 'Kyrie' (J. Montes Capón). 

'Cos 5 sentidos' é unha publicación divulgativa financiada polo Plan Social Ence (#enceplansocialpontevedra).